9 de Decembro de 2024

,

San Juan Diego
9 de Decembro de 2024

,

San Juan Diego

«Porque es amado, es chamado», lema da campaña da Pastoral Vocacional de Tui-Vigo

«Porque es amado, es chamado», lema da campaña da Pastoral Vocacional de Tui-Vigo

«Porque es amado, es chamado» é o lema desta campaña audiovisual que promove a delegación de Pastoral Vocacional para visibilizar o Congreso nacional de Vocacións que a Conferencia Episcopal Española organiza en Madrid, do 7 ao 9 de febreiro de 2025. O vídeo da campaña está dividido en tres partes que se publicarán  progresivamente, durante o próximo mes.

Ángel Carnicero, delegado de Pastoral Vocacional da diocese de Tui-Vigo, explica que «vivimos nunha sociedade e nunha Igrexa que reduciu a vocación a un número determinado de sacramentos —sacerdocio, matrimonio, vida consagrada…—, cando, en realidade, todos estamos vocacionados; todos somos chamados a cumprir a misión de Cristo: anunciar a Boa Noticia». Deste xeito, o primeiro vídeo da campaña lémbranos  a necesidade de sentirnos amados por Deus para descubrir que somos chamados a formar parte do seu proxecto de salvación; só así, poderemos acoller a vontade de Deus para cada un de nós. 

Para poder transformar a cultura vocacional da diocese de Tui-Vigo, o 14 de decembro, ás 10.30 horas, no Seminario Maior «San Xosé» en Vigo, a delegación de Pastoral Vocacional convoca un encontro para que todos os axentes que traballan nos diferentes ámbitos eclesiais poidan sentirse parte da «asemblea dos chamados» da Igrexa que peregrina en Tui-Vigo. Deste xeito, a delegación diocesana ofrece un espazo no que (re)descubrir a vocación de cada unha destas persoas no medio do mundo e da comunidade eclesial.

Congreso de Vocacións

Ante o reto da cuestión vocacionala Igrexa en España, a través do Servizo de Pastoral Vocacional, quere poñerse a escóitaa do Señor para facerse eco da pregunta que o papa Francisco formula na exhortación Christus Vivit: «Para quen son eu?». Este interrogante está dirixido a todo o mundo, pero especialmente aos máis novos, co obxectivo de abrir unha procura desde o discernimento que se ofrece na Igrexa, entendida como a «asemblea de chamados para a misión».

gran obxectivo do Congreso é celebrar unha gran festa da Igrexa, un encontro eclesial que, coa súa preparación e acollida posterior, axude a recoñecer que o Señor segue chamando —á vida, á fe e á misión— e, por iso, a vida cristiá é vocación; máis aínda, a vida é vocación en canto se vive como resposta a unha chamada.

segundo gran obxectivo do Congreso é impulsar e consolidar en cada unha das dioceses españolas un servizo que anime a vida vivida como vocación e promova os distintos camiños vocacionais. Así, quérese promover un exercicio de colaboración, un proxecto compartido entre laicos, matrimonios, consagrados e sacerdotes.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp