«O amor de Cristo úrxenos» — Antonio Valín Valdés
O sábado 25 de maio, ás 12 horas, a Nunciatura Apostólica en España anunciou que o novo bispo da diocese de Tui-Vigo será o sacerdote ribadense Antonio Valín Valdés, ata o de agora vicario xeneral da diocese de Mondoñedo-Ferrol. Así, anúnciase tamén que o papa Francisco aceptou a renuncia do bispo Mons. Luís Quinteiro que foi presentada o 26 de xuño de 2022, ao cumprir 75 anos, tal e como establece o Código de Dereito Canónico.
A ordenación episcopal e a toma de posesión de D. Antonio Valín Valdés como bispo terá lugar na catedral de Tui, o sábado 20 de xullo de 2024, ás 11.00 horas. Ao día seguinte, domingo 21 de xullo, ás 18.00 horas, o xa bispo titular presidirá unha misa estacional na concatedral-basílica de Vigo.
Coñeceo noso bispo electo

D. Antonio José Valín Valdés
Naceu en Ribadeo (Lugo) o 24 de febreiro de 1968. Foi ordenado sacerdote na catedral de Mondoñedo o 14 de marzo de 1993
Escudo e lemaepiscopal

Deseñado polo historiador e xenealoxista, Eduardo José Pardo de Guevara e Valdés

Oración polo bispo electo
Descarga a oración elaborada para dar grazas e pedir polo bispo electo de Tui-Vigo, D. Antonio Valín Valdés.
