O vindeiro martes 12 de xullo, ás 18 horas, a editorial Sociedade Estudos, Publicacións e Traballos (SEPT) presenta a cuarta edición da Biblia en galego (revisión lingüística 2021), na aula Magna do Instituto Teolóxico Compostelán.
Na presentación, intervirán o presidente de SEPT, Francisco Domínguez Martínez, o biblista supervisor da edición e deán da Catedral de Santiago, Xosé Fernández Lago, o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez González, e o arcebispo de Santiago, Julián Barrio Barrio.
A partir do 12 de xullo, a Biblia en galego estará á venda en formato papel en librería e a través da web oficial de SEPT: http://editorialsept.gal/.