12 de Outubro de 2024

,

Nuestra Señora del Pilar
12 de Outubro de 2024

,

Nuestra Señora del Pilar

Presentación da restauración do manto e as vestiduras da Virxe das Dores de Cabral

Presentación da restauración do manto e as vestiduras da Virxe das Dores de Cabral
FOTO.- Imagen de la Virgen de los Dolores de Cabral

Ante a proximidade celebración da festa da Nosa Señora das Dores, o xoves 12 de setembro, ás 18.00 horas, a parroquia de Cabral acolle a presentación da restauración do manto e das vestiduras da virxe das Dores. No acto participarán: a restauradora da empresa Kronos en Madrid, Mónica Enamorado, o alcalde da cidade, Abel Caballero, e o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín. Ademais, a coral Alborada de Cabral, dirixida por Miriam Freiría, interpretará tres pezas marianas, incluído o himno á virxe.

Este proxecto forma parte do convenio marco entre o Concello de Vigo e a diocese de Tui-Vigo para o mantemento, conservación, restauración, difusión e divulgación do patrimonio cultural, histórico e artístico de titularidade eclesiástica situado no ámbito municipal de Vigo, asinado o 15 de maio entre o alcalde Abel Caballero e o bispo emérito Mons. Luís Quinteiro.

Doado por Francisco Alonso Carrera, veciño de Cabral, en 1903, o conxunto de vestiduras da Virxe dos Dores —manto, saia e corpiño— é obra do taller que dirixiu o artista Juan Manuel Rodríguez Ojeda (Sevilla, 1853 – 1930) un dos máis prolíficos da súa época cuxos traballos chegaron a numerosos puntos da xeografía española —destacan o manto “camaronero” da virxe da Esperanza Macarena ou a túnica “persa” de Xesús do Gran Poder—. A súa creatividade levou a ser considerado un revolucionario da estética da Semana Santa sevillana e, por tanto, do resto de Andalucía e numerosos puntos da xeografía española, pois definiu un característico estilo que aínda segue a ser referencia na actualidade.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp