O venres 17 de abril ás 18:00hrs. na Catedral de Tui, levarase a cabo a presentación da restauración realizada ao retablo de Santiago Apóstol. A explicación da devandita restauración correrá a cargo dos restauradores das empresas ACANTO C&R, S.L. e Cosmo Vidreiras Artísticas, quen realizou devandita restauración. O cabildo catedralicio foi o responsable de sufragar na súa totalidade, a restauración do mesmo.
Capela de Santiago
As raíces xacobeas da Igrexa tudense remóntanse ás súas orixes, pois, segundo a tradición, o apóstol Santiago visitaría estas terras no seu percorrido evanxelizador e designado a Epitacio como o seu primeiro bispo. Posteriormente, o auxe das peregrinacións na Idade Media e a localización estratéxica de Tui convertérona nunha parada obrigada do Camino Portugués.
A importancia histórica desta devoción acredítase pola presenza dunha capela dedicada ao apóstol na cabeceira do templo. Na súa arquitectura do século XV destaca un curioso retablo de 1696 que deixa pasar a luz a través dunha vidreira. É obra de José Domínguez Bugarín, ao que se lle pide que reutilice “a ystoria do Señor Santiago” dunha obra anterior encargada ao mestre portugués Alonso Martínez de Montánchez en 1601. Acompañan o altorrelieve do apóstol, como guerreiro vitorioso dacabalo, as tallas de San Xoán Bautista e San Francisco Javier.
Programa aberto a todo o público
– Saúdo de benvida polo Deán da Cabido Catedral.
– Intervención das empresas Acanto C&R, S.L. e Cosmo Vidreiras Artísticas.
– Oración de acción de grazas polo Bispo da Diocese.
– Concerto de obras de Matías Garcia Benayas, Mestre da capela da catedral de Tui (1694-1737), a cargo do grupo vocal “Vox Stellae”.