15 de Abril de 2026,
San Damián de Molokai

Presentación da versión galega da Biblia en plataforma dixital

Presentación da versión galega da Biblia en plataforma dixital

O martes 1 de xullo, ás 19.30 horas, no Pazo de Pías en San Pedro da Ramallosa (Nigrán), levará a cabo a presentación da versión galega da Biblia en plataforma dixital: www.abiblia.gal. O acto, de entrada libre, contará coa participación de Silvestre Gómez Xurxo, presidente de SEPT; Almudena Suárez Cerviño, secretaria do Consello diocesano de Pastoral; Nuria Núñez Elissetche, vogal da directiva de SEPT; e monseñor Antonio Valín  Valdés, bispo de Tui-Vigo.

O sitio web www.abiblia.gal permite unha lectura fácil da Biblia en galego, asou como consultas e procuras de formas diversas. Ata o de agora, a Biblia podía ser lida en soporte libre, tanto en formato papel como dixital. Con esta plataforma, o acceso é máis fácil, rápido, libre e desde calquera parte do mundo con acceso a internet.

En palabras de Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega, «estamos ante un feito que ten obviamente unha relevancia non plano relixioso, pero vai máis alá diso. Ten tamén relevancia cultural para ou idioma galego. Xa non seu día foi un fito a tradución dá Biblia, e agora tamén é un fito que se difunda a través dá rede».

A primeira tradución oficial da Biblia ao galego realizouse completamente no ano 1989. Esta versión corrixiuse paulatinamente ata a súa cuarta edición, no ano 2021. Foi a editorial SEPT a encargada da publicación, así como a promotora desta plataforma dixital.