O vindeiro venres, 18 de febreiro, ás 20 horas, o sacerdote Luís Pouse presentará o estudo histórico « Cristóbal Colón: primer evangelizador de América », no templo parroquial de San Francisco Xabier de Vigo. Tras a exposición do tema, abrirase un diálogo no que expor dúbidas ou contrastar perspectivas.
Luís Pouse, presbítero diocesano desde 2005, recolle neste libro «Cristóbal Colón: primer evangelizador de América» o estudo realizado para a súa tese de licenciatura en Historia da Igrexa, na pontificia Universidade Gregoriana de Roma, en xuño de 2020.
O estudo, publicado en formato papel a través do editorial Universo de Letras (Grupo Planeta), ofrece unha nova perspectiva dos primeiros anos da colonización en América desde a vertente evanxelizadora da época e o prisma cristián do seu protagonista, Cristóbal Colón.