Os días 1, 2 e 3 deste mes de xuño, ás 18 h. da tarde, preséntase no salón parroquial da nosa Señora do Rocío o libro: : 50 años del Rocío de Vigo no que se dan a coñecer os aspectos máis relevantes da historia, a pastoral, arquitectura, estatística e arte desta parroquia do barrio de Coia que viu a luz en 1970 xunto con outras trece, nun momento clave de expansión e crecemento da nosa cidade.
Aínda que 50 anos non é nada en comparación con tantas parroquias centenarias da Diocese, o obxectivo da publicación e as charlas referidas a el, é non esquecer o primeiros cincuenta e fixar no tempo, con palabras e imaxes, o pasado e os proxectos de futuro. Nove capítulos recollen a historia, a arquitectura, a estatística e os cimentos e o traballo presente en actividades de caridade, educación na fe, liturxia
O mércores día 1 de xuño o profesor Eduardo Giménez desvelará a información que nos achegan os libros parroquiais. En que anos ten lugar o maior pico de bautizos, matrimonios e exequias? Cal é o nome masculino e feminino máis utilizado? Son moitas ou non as Rocío? Cales foron os nomes hit ou de moda? Cal é a procedencia dos fregueses que nas primeiras décadas configuraron a parroquia?…
O día 2, o párroco Santi Vega presentará a parte máis artística e arquitectónica. O taller de fotografía “Lugares para vivir. COIA” desenvolvido ao longo destes anos que mostra a súa identidade e contrastes. A arquitectura do complexo parroquial que, a pesar de realizarse só a medias, resulta de gran interese por reunir na mesma persoa a quen o pensou e deseñou boa parte do barrio, o arquitecto Desiderio Pernas. Falarase igualmente do chamado retablo de luz, obra do arquitecto Francisco Castro e a vitralista María Vázquez, cuxa orixinalidade reside non só no deseño senón tamén na súa funcionalidade por emitir a cor litúrxica correspondente.
O venres día 3, o sacerdote e xornalista Alberto Cuevas fará unha descrición do fundador da parroquia don Emilio Velasco e moderará unha mesa redonda na que intervirán algúns dos membros do Consello Parroquial implicados nos diferentes ámbitos da pastoral como son a Liturxia, a Caridade e a Educación na Fe desenvoltos ao longo de todos estes anos.