2/02/2023

,

La Presentación del Señor
2/02/2023

,

La Presentación del Señor

Presentación do poemario «Con los pies en el suelo»

Presentación do poemario «Con los pies en el suelo»

O vindeiro mércores, 14 de decembro, ás 19 horas, no colexio Miralba-Xesuitinas, preséntase o poemario «Con los pies en el suelo», da relixiosa xesuitina de 101 anos, Ana María Fernández del Riego, irmá do intelectual e fundador da Editorial Galaxia, Francisco Fernández del Riego, a quen se dedicará o Día dás Letras Galegas 2023. Os dereitos de autor xerados pola venda deste libro serán integramente destinados, por expreso desexo da autora, ao proxecto FASFI das misións xesuitinas en Filipinas.

Na presentación intervirán o editor de Edicións Agoeiro, Jorge Alonso, a directora do centro educativo, Beatriz Tenorio, e o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro —autor do prólogo que disecciona e estuda a obra de Ana María con gran profundidade teolóxica e crítica literaria—. Ademais, a autora, Ana María Fernández, participará vía streaming desde a súa residencia actual en Granada.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp