O vindeiro venres día 6 de febreiro, ás sete e media da tarde no salón parroquial de Goián, terá lugar a presentación do libro de Manuel de Santiago González “SOR LUCÍA Y LA DEVOCIÓN DE LOS CINCO PRIMEROS SÁBADOS DE MES”.
Como se sabe o autor do libro e párroco de Goián, é un coñecido especialista no tema das aparicións da Virxe de Fátima (Portugal) e na vida dos pastorciños videntes, como o manifestou xa no pasado a través de diversos escritos.
No libro que agora presenta ofrece documentación acerca da devoción ao Corazón de María e á aparición (1925) en Pontevedra a sor Lucía, sendo entón ela monxa Dorotea; e refire tamén a concreción desa devoción na costume da comunión os cinco primeiros sábados do mes. A entrada é libre e o autor firmará exemplares.