Este martes 21 de abril vaise presentar o libro “O bispo Eijo Garay visto polos seus”, da autora Isabel Coma. A presentación, que será ás 20.00 horas na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO), realizaraa Mons. Alberto Cuevas, párroco da Soledad.
Leopoldo Eijo Garay foi o bispo que gobernou por máis tempo (40 anos) a diocese de Madrid-Alcalá. Foi tamén bispo de Tui e bispo de Vitoria. Unha figura moi relevante no panorama relixioso, social e político da época, que emprendeu importantes accións catequéticas, fomentou as vocacións, creou novas parroquias e axudou a misións católicas en todo o mundo, entre outros dos seus moitos labores pola Igrexa.