12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe
12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe

«Pobo de Deus, comunidade de esperanza», novo lema do Plan Pastoral 2020-2021

«Pobo de Deus, comunidade de esperanza», novo lema do Plan Pastoral 2020-2021

«Pobo de  Deus,  comunidade de esperanza» é o novo lema do Plan Pastoral 2020-2021, que se presentará mañá, 8 de novembro, despois do rezo de vésperas que presidirá o bispo, Luís Quinteiro Fiuza, na capela do Seminario Maior San José de Vigo ás 19:00 h. Esta presentación coincide co Día da Igrexa Diocesana, cuxos obxectivos son visibilizar as actividades realizadas e agradecer a colaboración de todas as persoas que as fan posibles.

A presentación terá un aforo limitado debido á situación de crise sanitaria que estamos a vivir. Con tal motivo, a Vigairía de Pastoral retransmitirá o evento a través da canle de Youtube da Diocese para motivar a participación de toda a comunidade diocesana. Os interesados poderán seguir as vésperas a través da seguinte ligazón:  https://youtu.be/AGmm8FPnYK4.

O novo Plan Pastoral para o curso 2020-2021 elaborouse tendo en cuenta, non só a situación epidemiolóxica actual, senón tamén a invitación á Conversión pastoral lanzada polo Papa Francisco a través da  Evangelii  Gaudium e a procura dunha maior participación  laical en todos os ámbitos da Igrexa, motiva por mor da participación no Congreso de Laicos organizado pola Conferencia Episcopal Española en febreiro de 2020. Neste sentido, fixáronse tres campos de acción: motivar a colaboración dos mozos como fonte de renovación pastoral; promocionar a acción caritativo-social da Iglesia, especialmente no contexto social actual; e potenciar os medios de comunicación e o social media como ferramentas de conexión e evanxelización.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp