Xa se publicou a Programación Pastoral para o curso 2024-2025, que recolle a carta programática que o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, escribiu a toda a diocese na que expresa o seu desexo de vivir «esta nova etapa soñando xuntos, con realismo, buscando camiños ilusionantes polo que ser fieis ao mandato do anuncio do Evanxeo a todas as persoas». O documento tamén contén os obxectivos e actividades ordinarias das diferentes delegacións que conforman a pastoral diocesana.
Para dar a coñecer o contido deste documento, organizáronse diversas presentacións por diferentes lugares do territorio diocesano, co obxectivo de facilitar a asistencia a todos os fieis da diocese de Tui-Vigo:
- Luns 7 de outubro, ás 20:30 horas, no Seminario Maior «San Xosé» en Vigo.
- Martes 8 de outubro, ás 20.30 horas, no mosteiro franciscano de Santo Diego de Canedo.
- Venres 11 de outubro, ás 20.30 horas, no salón parroquial do Porriño.
- Luns 14 de outubro, ás 20.30 horas, no Seminario Menor «San Paio» en Tui.
- Martes 15 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo de Pías, na Ramallosa.
- Xoves 17 de outubro, ás 20.30 horas, no salón parroquial de Redondela.
A Programación Pastoral da diocese de Tui-Vigo para o curso pastoral 2024-2025 está marcada pola chegada do novo bispo, «un motivo de gozo que suscita a esperanza dunha renovación ilusionante e dun rexuvenecido impulso evanxelizador», subliña a nota previa escrita polo vigairo de Pastoral, José Vidal. Así, lémbrase que «ao longo do presente curso, cada arciprestado ou organismo diocesano, cumprirá coas actividades ordinarias que lle son propias e, sobre todo, asumirá como tarefa principal establecer co bispo unha relación cordial que lle permita coñecer ás persoas, proxectos e accións que están a realizar».