14 de Marzo de 2026,
Santa Matilde

Presentacións do Plan Pastoral 2025-2026

Presentacións do Plan Pastoral 2025-2026

Entre o 20 e o 30 de outubro, a Vigairía de Pastoral da diocese de Tui-Vigo organiza varios actos para presentar o Plan Pastoral 2025-2026, que xa se pode consultar na web diocesana. Este ano, o obxectivo é realizar unha análise da realidade diocesana a través de oito cuestionarios anónimos para diferentes grupos de persoas —parroquias, sacerdotes, axentes de pastoral, fieis e persoas non practicantes, que sexan ou non crentes—. Ademais, o documento tamén recolle a programación das diferentes delegacións diocesanas.

Para dar a coñecer o contido deste novo plan, organizáronse seis presentacións por diferentes lugares do territorio diocesano, co obxectivo de facilitar a asistencia a todos os fieis da diocese de Tui-Vigo:

  • Luns 20 de outubro, ás 20:00 horas, no Seminario Maior «San Xosé» en Vigo.
  • Martes 21 de outubro, ás 20.30 horas, no salón parroquial de Santiago de Redondela
  • Xoves 23 de outubro, ás 20.30 horas, no salón parroquial de Santa María do Porriño  .
  • Luns 27 de outubro, ás 20:00 horas, no Seminario Menor «San Paio » en Tui.
  • Martes 28 de outubro, ás 20:00 horas, en convento de San Diego de Canedo, en Ponteareas.
  • Xoves 30 de outubro, ás 20:00 horas, na Gardería San Xosé de Borreiros , de Misioneiras de María Mediadora.

Na carta que abre o Plan Pastoral 2025-2026, o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, pon de manifesto a necesidade de «abrir camiños, modos novos de actuar». Mediante as enquisas elaboradas, expresa o prelado, «queremos coñecer ben cal é a nosa realidade —forzas, soños, persoas, dificultades, retos, ilusións…— para responder adecuadamente a esta Igrexa de hoxe». Para conseguilo, monseñor Antonio Valín lembra que «necesito de cada un, de ti: sacerdote, relixioso/a, segrar. Todos somos importantes e todos necesarios para facer da nosa diocese unha Igrexa máis viva, ilusionada e ilusionante. Necesítote e espérote; necesítote e conto contigo».