24 de Abril de 2024

,

San Fidel de Sigmaringa
24 de Abril de 2024

,

San Fidel de Sigmaringa

Presentamos un podcast para «Crecer coa  Amoris Laetitia»

Presentamos un podcast para «Crecer coa  Amoris Laetitia»

As delegacións de Pastoral Familiar e Medios de Comunicación Social promoven un podcast para visibilizar e profundar na exhortación apostólica do papa Francisco

A partir do mércores 22 de febreiro, coincidindo coa imposición da cinza que inaugura o tempo de Coresma, estará dispoñible o podcast «Crecer coa Amoris Laetitia», unha iniciativa que busca promover a lectura da exhortación apostólica do papa Francisco, Amoris Laetitia, publicada en marzo de 2016, que fala da beleza do matrimonio e a alegría do amor. Esta iniciativa, promovida polas delegacións de Pastoral Familia e Medios de Comunicación Social da diocese de Tui-Vigo, é froito da celebración do «Ano Familia Amoris Laetitia» —que o Santo Padre convocou para celebrar o quinto aniversario da exhortación que fala da familia e que foi clausurado en xuño de 2022— e do éxito alcanzado co podcast «Crecer coa Fratelli Tutti», publicado durante a Coresma de 2021 con máis de 4.000 reproducións..

A partir do Mércores de Cinza e ata o Domingo de Ramos, publicarase un episodio diario que conterá unha breve lectura da exhortación e unha reflexión persoal que, no seu conxunto, non superará os cinco minutos de duración. O proxecto conta coa participación de máis  de 50  persoas da diocese de Tui-Vigo —na súa maioría matrimonios ou axentes de Pastoral Familiar que traballan para anunciar o Evanxeo no seo da familia—, que queren axudar a todo o pobo de Deus a profundar na exhortación apostólica desde unha aplicación práctica para a vida cotiá.

Os interesados en seguir este itinerario de coresma poderán facelo a través das seguintes plataformas: Spotify, Anchor ou a través da sección de recursos da web diocesana. Tamén podes acceder ao grupo de whatsapp  no que difundirá cada día este podcast para que non te quedes sen esta pílula diaria creada para «Crecer coa Amoris Laetitia».

con la Amoris Laetitia».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp