20 de Marzo de 2025,
San Martín de Braga

Preto de 40 persoas peregrinaron ao santuario da Franqueira desde A Cañiza

Preto de 40 persoas peregrinaron ao santuario da Franqueira desde A Cañiza
FOTO.- Participantes en la peregrinación A Cañiza – A Franqueira, delante del santuario mariano | © Parroquia Nuestra Señora de A Franqueira

O sábado 26 de febreiro, preto de 40 persoas procedentes de Prado, Lamosa, Vigo, Ponteareas, Gondomar, Mos, As Neves, O Porriño e Mondariz sumáronse á peregrinación que a parroquia da Nosa Señora da Franqueira organizou desde A Cañiza ata o santuario da virxe que, durante este ano, é un dos tres templos xubilases da diocese de Tui-Vigo. O delegado diocesano para o Ano Xubilar 2025, Daniel Goberna, acompañou ao grupo durante toda a mañá e o alcalde da Cañiza, Luís Piña, asistiu ao comezo da xornada.

Seguindo os pasos de santa Teresa de Xesús, patroa da Cañiza, a peregrinación virou ao redor da oración, como camiño interior de todo cristián. Ademais, coincidindo coa celebración da festa da cátedra de san Pedro, rezouse de forma especial pola recuperación do papa Francisco que, desde o pasado 14 de febreiro, permanece ingresado no hospital Gemelli de Roma, a causa dunha pneumonía bilateral.

A segunda destas peregrinacións está prevista para o sábado 15 de marzo. Seguindo o «Camiño dos frades», o roteiro comezará na parroquia de San Xosé de Ribarteme; durante o percorrido, contemplarase a virtude da hospitalidade e o significado da indulxencia, de man de santa Marta e dos beatos Manuel e Adilio, a virtude da hospitalidade. Tamén se intercederá de forma especial polo perdón dos pecados.

«Camiños xubilases» é o nome desta iniciativa coa que a parroquia quere achegar os aspectos fundamentais do Xubileu 2025, a través dos diferentes percorridos que conducen ao santuario da Franqueira. En total, están a organizarse nove peregrinacións diferentes non só pola orografía e dificultade do roteiro, senón tamén polas distintas temáticas que se abordarán. As datas e lugares de saída son: 15 de marzo, Ribarteme; 11 de abril, da Franqueira a Paradanta ; 3 de maio, Santa Cruz Baldomar; 28 de xuño, Covelo; 19 de xullo, Albeos e Pena de Francia; 9 de agosto, Mouriscados; 11 de outubro, Paraños; e 25 de outubro, Lamosa.

O 29 de decembro de 2025, coincidindo coa inauguración do Xubileu 2025 na catedral tudense, a diocese de Tui-Vigo estableceu tres templos xubilases para que todas aquelas persoas que teñan dificultades para peregrinar a Roma poidan gañar tamén a graza do Xubileu: a catedral en Tui, a concatedral-basílica en Vigo e o santuario da Nosa Señora da Franqueira. Entre as accións previstas para o Ano Xubilar, a diocese de Tui-Vigo tamén organiza tres peregrinacións a Roma en xuño e agosto.

Peregrinación A Cañiza - A Franqueira
« de 11 »