11 de Setembro de 2024

,

San Pafnucio
11 de Setembro de 2024

,

San Pafnucio

Primeira reunión do bispo co Consello Episcopal da diocese

Primeira reunión do bispo co Consello Episcopal da diocese
FOTO.- En el centro, Mons. Antonio Valín, junto a los miembros del Consejo Episcopal | © Diocese de Tui-Vigo

Na mañá do martes 6 de agosto, festa litúrxica da Transfiguración do Señor, en Vigo, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín Valdés, presidiu a primeira reunión co Consello Episcopal, órgano consultivo e de goberno do bispo, co obxectivo de informar ao recentemente ordenado prelado da situación actual na que se atopa a diocese de Tui-Vigo.

O Consello Episcopal está formado por cinco vigairos que, baixo a dirección do bispo, contribúen ao bo goberno da diocese: Juan Luis Martínez Lorenzo, vigairo Xeral; José Vidal Novoa, vigairo de Pastoral; José Diéguez Dieppa, vigairo para o Clero; Jesús Martínez Carracedo, vigairo para Asuntos Económicos; e Juan Carlos Sendón Fojo, vigairo Xudicial. 

O pasado 20 de xullo, memoria litúrxica de santo Apolinar, unha vez ordenado bispo e tomado posesión do seu cargo á fronte da diocese de Tui-Vigo, o bispo Mons. Antonio Valín Valdés asinou o seu primeiro decreto co que confirmou «nas súas funcións e nas facultades que habitualmente tiñan, ao vigairo xeral, vigairos episcopais, delegados episcopais, delegados, ao chanceler-secretario e membros da Curia, aos arciprestes e demais cargos diocesanos, desde o día de hoxe». 

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp