O venres 27 de febreiro ás 18:30 hrs. vaise celebrar na igrexa de San Martín de Caldelas de Tui, a Eucaristía polo eterno descanso de D. Xosé Álvarez Castro no primeiro aniversario da súa morte en Cristo.
Don Xosé naceu en Oroso (A Cañiza) en 1949. En 1973 foi ordenado sacerdote en Vigo e dende entóns exerceu o seu ministerio presbiteral primeiro como vicario parroquial e profesor no Instituto de O Porriño (1973). En 1976 foise de misioneiro durante 6 anos á Prelatura de Yauyos en Perú e ó seu regreso se lle encargaron as parroquias de Santa Baia de Batalláns, Guillade e Umas; en 1985 inicia as súas sus tareas como profesor no Instituto de Ponteareas, de cuxa parroquia responsabilizarase en 1994, sendo á vez, nesa época, arcipreste do Tea, profesor na FP Agraria de A Granxa e desenvolvendo tamén programas de información e entretemento na televisión local do municipio, pois era un apasionado dos audiovisuais. En agosto de 2006 é nomeado párroco de Caldelas de Tui, Entenza e Salceda de Caselas, ás que logo lle añadirían Porto e Parderrubias (2006-2013). Foi tamén arcipreste de Entenza, membro do Consello Presbiteral e Párroco Consultor. En febreiro de 2019 o bispo confioulle as parroquias de Bugarín e Fozara as cales atendeu co celo pastoral que lle era innato, ata que o 9 de xaneiro de 2024 ingresou na Residencia sacerdotal. Faleceu o 25 de febreiro de 2025 á idade de 76 anos.