25 de Xaneiro de 2026,
La conversión de San Pablo

Primeiro retiro de Emaús para mulleres

Primeiro retiro de Emaús para mulleres

Do 15 ao 17 de marzo, no colexio maristas Santa María de Tui, a parroquia de San Francisco de Asís en Vigo organiza o primeiro retiro de Emaús para mulleres, unha iniciativa pastoral que busca que os participantes «recoñezan a presenza de Xesús resucitado na vida diaria, a través de testemuños de conversión e dun ambiente de irmandade en Cristo», explican desde a organización do retiro.

inscrición a este primeiro retiro de Emaús ten un custo individual de 160 euros. As mulleres maiores de 30 anos interesadas en participar neste retiro de Emaús en Tui deben encher o seguinte formulario on-line. Para máis información, poden poñerse en contacto a través do correo electrónico emausmujeres.sanfranciscovigo@gmail.com.

Sobre Emaús

O retiro de Emaús nace en 1978 nunha parroquia de Miami en EEUU da man do seu párroco, David Russel, e unha freguesa chamada Mirna Gallager, quen lle propón facer algo con outros cinco fregueses. Na oración descobren esta pasaxe de Emaús e así xorde o primeiro retiro en 1978. A partir de aí foise estendendo en EEUU, América do Sur e Europa, chegando a España (Madrid) en 2010 e expandíndose por toda España —A Coruña será a primeira cidade galega en sumarse a esta iniciativa en 2019—.

É un retiro espiritual que se fai soamente unha vez na vida, cun marcado carácter íntimo e testemuñal que implica unha importante diferenza de sensibilidades no caso de homes e mulleres —para os máis novos, menores de 30 anos, existe Effetá—. Dirixido a todo o mundo, con independencia da súa situación persoal, o retiro de Emaús constitúe un bo instrumento de apostolado encamiñado a espertar e dinamizar a vida de diocese e parroquias, xa que, unha vez finalizado o retiro, realízanse reunións semanais para vivir e alimentar a fe en comunidade.

retiros de emaús

en la diócesis

de Tui-Vigo