9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

Procesión virtual do Cristo da Victoria

Procesión virtual do Cristo da Victoria

Achégase o día forte da celebración do Cristo da Vitoria e este ano será todo distinto, pois o Cristo non sairá en procesión. Desde Cáritas diocesana púxose en marcha un proxecto de realizar a procesión de maneira virtual e que se pode seguir a través de procesioncristovictoria.diocesetuivigo.org. O que non salga a imaxe do Cristo polas rúas da cidade, non impide que as celebración que cada ano téñense na súa honra, sexan convocadas, coas precaucións necesarias.

O Cristo non sae en procesión, pero os seus devotos somos chamados a peregrinar espiritualmente ata o corazón de Cristo que nos mostra o camiño da Vitoria, da fe entrañable das entrañas da misericordia do Pai.

Cada ano, Cáritas diocesana, cun equipo de voluntarios e traballadores, facía presente a acción caritativa da Igrexa no percorrido da procesión. Sempre coa colocación dun punto de información na rúa e unha hucha para a recadación de donativos, ademais dos comentarios que en megafonía van acompañando con oracións e cantos o percorrido que fan os fieis.

Por esta razón, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, presenta unha nova maneira de vivir a procesión. Adáptanse aos novos tempos e animan a participar á cidadanía de maneira virtual. Tamén facilitan a posibilidade de colaborar economicamente, do mesmo xeito que todos os anos, e a descargar a estampa do Cristo.

Este ano, máis que nunca, precisamos ao Cristo | Este ano, máis que nunca, precisámoste a ti

Presentamos un mapa co percorrido da procesión. Nel márcanse catro puntos emblemáticos: Parroquia Sta. María de Vigo- Concatedral, Barrio do Berbés, Rúa Colón e Porta do Sol. Entrando en cada un destes puntos, atópanse imaxes e audios que axudan á reflexión e oración.

¡Gracias pola participación e colaboración!

Gracias á Parroquia de Santa María de Vigo e a tódalas persoas que colaboraron neste proxecto.

Un contenido creado por Luzlux e Wireless Galicia

FAI O TEU DONATIVO A TRAVÉS DESTAS VÍAS DE COLABORACIÓN

TRANSFERENCIA BANCARIA: Conta ES27 2080 5000 6230 4025 0250. Concepto: Procesión del Cristo

CÓDIGO BIZUM: 38398

WEBCáritas Diócesana de Tui-Vigo

TELEFONO: 986 443 310

NA SEDE: Adva. García Barbón, 104 bajo. Vigo

DESCARGAR ESTAMPA DE CRISTO

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp