O venres 16 de agosto, ás 12.00 horas, a parroquia de San Xosé Obreiro e Santa Rita celebrará a festa na honra a san Roque, patrón dos peregrinos, cunha eucaristía solemne seguida de procesión, na capela do pazo dedicada ao santo. Haberá misas ao longo de todo o día, ás 08.00, 09.00, 10.00, 11.00, 17.00 e 18.00 horas.
Durante os días previos, do 7 ao 15 de agosto, na capela de San Roque, a parroquia rezará o rosario e a novena, seguida sempre da eucaristía: do 7 ao 9 de agosto, ás 18.30 horas; 10 e 11 de agosto, ás 17.30 horas; e do 12 ao 14 de agosto, ás 18.30 horas.
O xoves 15 de agosto, solemnidade da Asunción da virxe María, celebrarase a eucaristía ás 10.00 horas no templo parroquial, seguida de procesión coa imaxe da virxe ata a capela, onde terá lugar o encontro con san Roque. A continuación, ás 11.00 horas, haberá misa na ermida; pola tarde, ás 17.30 horas, levarase a cabo o rezo do rosario e a novena, seguido de novo da eucaristía.
Finalmente, o sábado 17 de agosto, ás 12.00 horas, celebrarase unha eucaristía polos falecidos da Irmandade e os devotos de santo Roque. Posteriormente, a imaxe do santo procesionará polas rúas da cidade.