27/09/2021

,

San Vicente de Paúl
27/09/2021

,

San Vicente de Paúl

Protección de menores

Protección de menores

Protección de menores

Os bispos da Provincia eclesiástica de Santiago de Compostela, seguindo a norma da Santa Sé para establecer novos mecanismos para implicar activamente a toda a Igrexa na loita contra os abusos sexuais (Carta Apostólica en forma de Motu Proprio Vos estis lux mundi, do 7 de maio de 2019)», crearon un Servizo pastoral interdiocesano de atención a menores, persoas vulnerables e as súas familias.

Con este servizo pastoral, as dioceses da Igrexa en Galicia pretenden ser cada vez máis consciente dos dereitos e necesidades dos menores e persoas vulnerables e previr calquera tipo de violencia, abuso, neglixencia, abandono ou explotación que poidan ocorrer no ámbito da Iglesia, así como prestar leal colaboración coas autoridades competentes para a prevención e denuncia de abusos para realizar un proceso penal efectivo de calquera abuso contra menores ou persoas vulnerables labores nas Dioceses.

Este Servizo pastoral conta cun equipo de especialistas, entre psicólogos, terapeutas, xuristas e canonistas que ofrecen unha atención integral ás eventuais vítimas, seguindo os protocolos de actuación aprobados pola Conferencia Episcopal Española.

Se vostede quere realizar algunha denuncia no ámbito da protección de menores e prevención de abusos sexuais no ámbito das dioceses da Provincia eclesiástica de Santiago de Compostela, pode facelo a través desta dirección de correo electrónico: atencionamenores@archicompostela.org, a través do teléfono 629 88 52 06 ou enchendo os campos do formulario de contacto. A mensaxe será recibido exclusivamente polo Director do Servizo de atención a menores, persoas vulnerables e as súas familias, que se poñerá en contacto con vostede. Todos os datos que se inclúan serán tratados coa máxima confidencialidade entre o director do Servizo pastoral e a persoa que traslade dita información.

DOCUMENTOS

  • Guía de boas prácticas para a protección de menores elaborada pola diocese de Tui-Vigo (en CASTELÁN) — VER E DESCARGAR.
  • Guía de boas prácticas para a protección de menores elaborada pola diocese de Tui-Vigo (en GALEGO) — VER E DESCARGAR.
  • Decreto de creación do servizo interdiocesano de atención a menores, persoas vulnerables e as súas familias, para a prevención, información, denuncia, primeira investigación e acompañamento ás vítimas de abusos sexuais – VER E DESCARGAR
  • Protocolo de actuación da Igrexa para tratar os casos dos delitos máis graves contra a moral por parte de clérigos (22 de xullo de 2010) – VER E DESCARGAR
  • Protocolo de actuación da Igrexa en España conforme á lexislación do Estado (22 de xuño de 2010) – VER E DESCARGAR
  • Lexislación da Santa Sé – VER E DESCARGAR
  • Vademécum sobre algunhas cuestións procesuais ante os casos de abuso sexual a menores cometidos por clérigos elaborado pola Congregación para a Doutrina da Fe, 16.07.2020 – VER E DESCARGAR