O director da oficina de información da Conferencia Episcopal Española, José Gabriel Beira, relata o camiño de investigación que realizou a Igrexa en España acerca dos abusos a menores no seo da Igrexa.
No caso concreto da diocese de Tui-Vigo, a Comisión Abeiro creada para a protección de menores publicou unha Guía de boas prácticas para a protección de Menores, para previr a aparición de casos deste tipo. O texto íntegro da Guía está dispoñible na seguinte ligazón.