11 de Abril de 2026,
San Estanislao

Proxecto Amor Conxugal organiza un retiro no mosteiro de San Xoán de Poio

Proxecto Amor Conxugal organiza un retiro no mosteiro de San Xoán de Poio

Do 3 ao 5 de outubro, o proxecto Amor Conxugal organiza, no mosteiro de San Xoán de Poio (Pontevedra), un retiro para matrimonios baseado nas catequeses de san Xoán Paulo II sobre a Teoloxía do Corpo.  Este retiro vai dirixido a todos os matrimonios da diocese de Tui-Vigo que queren vivir unha experiencia de amor xuntos —estean en crise ou non— ou queiran fortalecer e reavivar o sacramento recibido. A inscrición, que ten un custo de 315 euros por parella, pode realizarse de maneira on-line a través do seguinte ligazón.

Durante esa fin de semana, haberá adoración eucarística continuada na capela da hospedería do mosteiro para interceder polos matrimonios que estean a realizar o retiro. Por iso, desde a organización, convidan a todos os diocesanos e diocesanas de Tui-Vigo a sumarse a esta iniciativa cubrindo algunha quenda de adoración. As persoas interesadas poden inscribirse a través da seguinte ligazón. Para máis información tamén poden poñerse en contacto a través dos seguintes números de teléfono: 658 32 87 22 (Javier) ou 677 05 00 45 (Rocío).

Sobre Proxecto Amor Conxugal

É un método para matrimonio que nace en agosto de 2022, composto por matrimonios católicos que queren profundar na súa vocación conxugal, cun espírito misioneiro. Con carácter diocesano en Málaga, estendeuse a diversas dioceses de España, coa supervisión dos párrocos respectivos, delgados Pastoral Familiar e bispos de cada dioceses.

Está baseado nas catequeses de san Xoán Paulo II sobre o amor humano e consiste en traballar sobre tres piares —fe, formación e vida— para recuperar o plan de Deus para o matrimonio e a familia, o que iniciou desde a creación do home-muller, e que ten como obxectivo a santidade.