28 de Marzo de 2024

,

San Sixto III
28 de Marzo de 2024

,

San Sixto III

O cine-teatro Salesianos proxecta a película «A Divina Misericordia»

O cine-teatro Salesianos proxecta a película «A Divina Misericordia»

Esta fin de semana estréase no Cinema Teatro Salesianos ( C/ Venezuela, nº3) a película La divina  misericordia, baseada na vida de Santa  Faustina  Kowalska e na súa misión de descubrir ao mundo unha verdade luminosa e  consoladora: O rostro esencialmente  misericordioso de Deus.

A película, que entrou nas carteleiras o pasado 25 de setembro, presenta feitos descoñecidos, documentos recentemente divulgados e análises científicas que achegan novos datos sobre un dos grandes misterios da nosa fe. As similitudes entre a imaxe da Divina  Misericordia e a Saba Santa de  Turín, reforzan a veracidade das aparicións de Jesús a Santa  Faustina. Ademais, o fi lme describe o proceso de elaboración do cadro e explica como naceu e difundiuse por todo o mundo o culto á Divina  Misericordia.

Todas as persoas interesadas poderán asistir o sábado, 17 de outubro, en horario de 17:30 ou 20:30; ou ben o domingo, 18 de outubro, ás sesións de 17:00 ou 20:00. As entradas, cun custo de 4,50€, poderán adquirirse no despacho de billetes medio hora antes de cada función.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp