20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano
20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano

Que é para ti o Seminario?

Que é para ti o Seminario?

A delegación de Pastoral Vocacional lanza unha campaña en colaboración cos Seminarios diocesanos para visibilizar o traballo desenvolvido por ambas as institucións.

O Seminario Menor san  Pelaio de Tui e o Seminario Maior San José de Vigo están de celebración o vindeiro venres 19 de marzo, solemnidade de San José, patrón de seminarios e seminaristas. Unha cita que cada ano convoca a Conferencia Episcopal Española para dar a coñecer os lugares nos que se cultivan as vocacións sacerdotais.

Desde a delegación de Pastoral Vocacional da Diocese de Tui-Vigo, en colaboración con ambas as institucións eclesiais e coa delegación de Medios de Comunicación Social, lanzan unha campaña que pretende revalorizar o traballo realizado no coidado e acompañamento dos mozos que senten chamados a ser sacerdotes.

A campaña «Que é para ti o Seminario» contou coa participación de diversas persoas que representan as diferentes realidades dun seminario desde os seus principais protagonistas, os seminaristas, ata os seus  formadores e familias, entre outros

En total, trátase de dez vídeos que desde hoxe, martes 9 de marzo, e ata o vindeiro venres, publicaranse nas redes sociais da Diocese: Facebook, Instagram, Twitter e Youtube. Cada día ás 21 horas, un profesor, un reitor, unha familia ou un seminarista contarán que significa para eles formar parte dunha institución deste tipo.

Actualmente, o Seminario Maior de Vigo conta cun total de seis novos que se formar e preparan para o sacerdocio. Dous deles, Jesús García e Gabriel Gómez foron ordenados  diáconos —paso previo á ordenación sacerdotal— o pasado mes de outubro. 

Pola súa banda, no Seminario Menor conviven once adolescentes internos, xunto con outros corenta externos de entre 12 e 17 anos. Grazas ás clases reducidas, os catorce profesionais que forman parte do claustro de profesores poden facer un seguimento máis personalizado e adaptado ás necesidades de cada alumno que, consecuentemente, supón unha maior atención tamén ás familias.

Ángel Carniceiro, delegado diocesano de Pastoral Vocacional, convida a toda a Igrexa de Tui-Vigo a participar desta campaña de tres maneiras moi concretas: en primeiro lugar, difundindo os vídeos que poden axudar a catequistas, párrocos e familias a falar das vocacións no contexto do Día do Seminario; en segundo lugar, sendo participe da campaña  posteando unha imaxe, texto ou cartel, a través da redes sociais utilizando o  hashtag #DSeminario21; en terceiro e último lugar, mediante a colaboración económica na Eucaristía dese día, cuxa recada será destinada ao mantemento dos Seminarios. 

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp