14 de Maio de 2026,
San Matías

Quenda de Exercicios Espirituais no Convento Franciscano de Canedo

Quenda de Exercicios Espirituais no Convento Franciscano de Canedo
Foto: Convento de San Diego de Canedo | © Turismo Ponteareas

A Delegación Episcopal de Apostolado Segrar e Consello Diocesano de Laicos organiza unha quenda de Exercicios Espirituais desde o xoves 30 de abril ao sábado 2 de maio, no Convento Franciscano de Canedo (Ponteareas).

“Atopámonos en Galilea” é o lema elixido para estes Exercicios, que estarán a cargo de D. Edgardo César Quintana, dominico da Comunidade de Vigo e de D. Juan José González Estévez, Delegado Episcopal de Apostolado Segrar de Tui Vigo.

Serán uns días de calma, reflexión e renovación espiritual. Unha experiencia de oración en comunidade. As charlas, impartidas por D. Edgardo César Quintana, virarán arredor dos desafíos da misión.

Para participar, será necesario realizar unha achega económica de 95€ por persoa, que incluirá a pensión completa e os desprazamentos desde Vigo ata o mosteiro. A saída o día 30 está prevista para as 17.00 horas e o regreso, o sábado 2 de maio, sobre as 16.30 horas.

Os interesados en participar deberán inscribirse con antelación, escribindo un correo ao e-mail apostoladoseglar@diocesetuivigo.org ou chamando ao número de teléfono 660 257 548. Desde a delegación lembran que o número de cuartos é limitado, polo que é importante contactar canto antes.