16 de Marzo de 2026,
San Heriberto

Radio María retransmite a misa desde Vigo

Radio María retransmite a misa desde Vigo

Hoxe, martes 7 de outubro, ás 20.00 horas, Radio María retransmitirá a misa vespertina desde o templo parroquial do Sagrado Corazón de Xesús en Vigo. A emisión poderase seguir a través do dial 96.3 de FM, mediante a aplicación móbil ou a emisión en directo da canle de Youtube de Radio María.

Radio María é unha emisora privada propiedade da Asociación Radio María, recoñecida polo Ministerio do Interior con data 1 de decembro de 1998, con número de rexistro nacional 164.395. No panorama radiofónico RM ten a súa identidade concreta, que a distingue en calquera parte do mundo e que se foi delineando ao longo do tempo, permanecendo fiel á súa inspiración orixinaria.