14 de Maio de 2026,
San Matías

Recollida das enquisas sobre a realidade diocesana

Recollida das enquisas sobre a realidade diocesana

O 24 de abril de 2025 D. Antonio Valín Valdés convocou á Comisión Permanente do Consello Diocesano de Pastoral, para establecer un calendario para a renovación do Consello Pastoral e dialogar sobre o plan pastoral para o curso 2025-2026.

Nesa reunión decidiuse, despois dun enriquecedor diálogo, dedicar o seguinte curso a analizar a realidade diocesana e crear un grupo de traballo para elaborar uns cuestionarios que facilitasen a recollida de datos e servisen para perfilar un retrato actual da vida da diocese.

En total creáronse 8 cuestionarios dirixidos a: parroquias, movementos, membros da Vida Consagrada, sacerdotes, consagrados, axentes de pastoral, laicos e non crentes. Para coñecer a realidade socio-relixiosa da diocese considerouse tanto o coñecemento dos datos obxectivos da diocese como a percepción que os distintos actores teñen da realidade que están a vivir. Esa percepción subxectiva, na que se manifestan dúbidas, esperanzas, fracasos, ilusións e logros, é tan necesaria como a frialdade das cifras, mesmo máis; porque ao final o factor humano é determinante para realizar unha acción evanxelizadora eficaz e gozosa.

Unha vez finalizado o prazo para responder a todas as enquisas -febreiro 2026-, a Comisión Permanente do Consello Diocesano de Pastoral, está a avaliar os datos ofrecidos polas enquisas, axudándose dun programa de IA. Para iso creáronse 4 grupos de traballo que examinarán e interpretarán ditos datos, para logo poñer en marcha o Plan Pastoral para os próximos anos.

No mes de xuño a Comisión Permanente do Consello Diocesano de Pastoral, presentará unha primeira redacción do Plan Pastoral á Asemblea Xeral do devandito Consello. Se se propoñen modificacións ou cambios, a Comisión Permanente valorará a súa incorporación para presentar o texto definitivo en setembro de 2026.

Os datos recollidos ata o 28 de febreiro de 2026 son os seguintes: