9 de Novembro de 2024

,

Dedicación de la Basílica de San Juan de Letrán
9 de Novembro de 2024

,

Dedicación de la Basílica de San Juan de Letrán

Redondela acolle a rodaxe da produción amateur “Misterio no Pazo”

Redondela acolle a rodaxe da produción amateur “Misterio no Pazo”

Publicado en Faro de Vigo, o 23 de xullo de 2021.

Un elenco de mozos non profesionais interpreta aos personaxes da película independente.

O pazo  redondelano de Torres Agrelo é escenario este verán da rodaxe de “Misterio no Pazo”, a película número 115 de  BoscoVision  Producinema, unha produtora audiovisual especializada en cinema  amateur e independente.

Cun elenco de mozos e mozas que non son profesionais, a película baséase nunha historia real “rozando case a lenda”, apuntan desde a produtora. Os intérpretes son Ana  Carreiro e Cayetano Marcote, de Vigo;  Zaida González (que interpreta a dúas xemelgas na película), Hugo Piñeiro e Xoán Barros, de Ponteareas; Roi López, de Ourense; Andrea López e Laura López, de Santiago; están dirixidos polo cineasta vigués Angel Fernández Prado.

Do filme avanzan que é “unha ficción dramática e de suspense nunha paisaxe galega inesquecible, con dose de misterio e terror irónico”.

A rodaxe está a realizarse entre este mes de xullo e principios de agosto, “dependendo do bo tempo que necesitan as escenas da película, sendo o estudio de rodaxe integramente a leira e o Pazo de Torres Agrelo de Redondela”.

A película “Misterio no Pazo” ródase simultaneamente en castelán e en galego, para presentala tanto en Galicia como fóra da comunidade nas dúas versións. A estrea espérase para o último trimestre deste ano 2021.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp