25 de Abril de 2024

,

San Marcos
25 de Abril de 2024

,

San Marcos

Regresa a actividade pastoral, pero co 30% do aforo

Regresa a actividade pastoral, pero co 30% do aforo

A vigairía de Pastoral publica unha nota resumindo as novas restricións estipuladas no DOG publicado onte, xoves 25 de febreiro.

A partir de hoxe, venres 26 de febreiro, a Xunta de Galicia permite a mobilidade en función de tres niveles de alerta sanitaria. Neste momento, a Diocese de Tui-Vigo non conta con ningún concello no primeiro nivel de máximas restricións. Isto significa que a mobilidade entre os concellos que se atopen no mesmo nivel aínda que, con carácter xeral para o segundo e terceiro nivel, o toque de queda permanece entre as 22 e as 06 horas, e as reunións limítanse a grupos de máximo catro persoas.

A nota da vigairía de Pastoral publica a listaxe cos diferentes concellos das Dioceses que se atopan en cada un destes tres niveles, especificando  resumidamente as restricións xerais para estes lugares.

En canto á actividade pastoral, renóvanse as catequeses presenciais, os actos, congresos e reunións, pero cun límite de aforo correspondente a 1 terzo da capacidade máxima do espazo —trátese ou non dun lugar de culto—.

Durante a celebración do culto débense observar as medidas de hixiene e prevención estipuladas ata o momento: manter a distancia de seguridade e o uso obrigatorio de máscara;  desinfectar diariamente dos espazos utilizados; organizar as entradas e saídas para evitar aglomeracións; colocar  dispensadores de xeles  hidroalcohólicos autorizados e en puntos visibles; non se permite o uso de auga bendita; facilitar a distribución dos asistentes; limitar ao menor tempo posible a duración das celebracións; e evitar o contacto persoal, tocar ou bicar obxectos de devoción.

NOTA EN PDF

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp