16 de Marzo de 2026,
San Heriberto

Regresa o «Círculo do silencio» ao Porriño

Regresa o «Círculo do silencio» ao Porriño
FOTO.- Círculo del silencio en Vigo | © HOAC de Tui-Vigo

Hoxe, 28 de outubro, a as 19:30 horasCáritas Val da Louriña retoma o «Círculo do silencio» na praza Arquitecto Antonio Palacios, no Porriño —diante da casa do concello da vila—. A iniciativa promove un tempo de silencio de 30 minutos para deterse, escoitar, reflexionar ou rezar, que culminará coa lectura dun manifesto.

Baixo o lema «Na defensa do noso medio ambiente», abordarase o tema climatolóxico Debido á extensión do manifesto, nesta ocasión, lerase un fragmento do texto elaborado. O texto íntegro do manifesto podes descargalo a través da seguinte ligazón.

Tal e como explica Alberto Pereiro, promotor da iniciativa e membro de Cáritas Val da Louriña, «durante esta manifestación pacífica e apolítica, manifestaremos as nosas preocupacións polos diversos problemas que temos na sociedade», co obxectivo de concienciar acerca de «as situacións de extrema gravidade que viven os nosos cidadáns, especialmente, os máis vulnerables».

Os círculos de silencio iniciáronse en Francia polos franciscanos de Toulouse a finais do ano 2007.  Con carácter mensual, máis de 10.000 persoas, crentes e non crentes, reúnense en máis de 120 cidades para, en silencio, tomar conciencia, interiorizar e ser un elemento de interpelación á sociedade sobre as situacións de extrema gravidade que estamos a vivir.

Onde xa se están levando a cabo os círculos de silencio, participan persoas de diversas ideoloxías e crenzas, que se senten chamadas a proclamar a necesidade dun mundo mellor, desde o silencio compartido, sen rancor, sen sinalar culpables, tomando xuntos conciencia de que é responsabilidade de todos sacar adiante esta humanidade ferida.