20 de Marzo de 2025,
San Martín de Braga

Regresan os encontros vocacionais ««¿Y tú? ¿Y si…?»

Regresan os encontros vocacionais ««¿Y tú? ¿Y si…?»

De febreiro  a xuño, a delegación diocesana de Pastoral Vocacional organiza unha serie de encontros para mozos novos a partir de 16 anos, que teñan (ou non) inquietude vocacional e queiran coñecer a vida do Seminario. «¿Y tú? ¿Y si…?» é o nome destas citas de carácter mensual que constitúen unha oportunidade para coñecer o testemuño de diferentes sacerdotes e compartir con eles, xunto con todos os seminaristas da diocese de Tui-Vigo, a cea desa noite.

Aínda que na programación pastoral 2024-2025 estaba previsto iniciar os encontros en novembro, a preparación do Congreso nacional de Vocacións imposibilitou  a súa posta en marcha ata o momento. Agora, ás portas do mes de marzo no que a Igrexa en España celebra o «Día do Seminario», a delegación de Pastoral Vocacional está a preparar cinco encontros que darán comezo ás 20.30 horas no Seminario Maior «San Xosé» en Vigo: 28 de febreiro, 28 de marzo, 25 de abril, 30 de maio e 27 de xuño. Para máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto co delegado, Ángel Carnicero, a través do número de teléfono: 655 45 12 85.