5/10/2022

,

Santa María Faustina Kowalska
5/10/2022

,

Santa María Faustina Kowalska

Repasa en imaxes, os eventos máis destacados da diocese

Repasa en imaxes, os eventos máis destacados da diocese

Semana Santa,  Pentecoste, diversas Xornadas Mundiais ou as máis recentes confirmacións, constitúen só algúns dos eventos máis relevantes da vida diocesana da diocese de Tui-Vigo que poderás visualizar de maneira máis sinxela grazas á nova sección que creamos na nosa web.

Desde o inicio do verán, habilitamos un novo apartado para visualizar as galerías fotográficas dos últimos meses. Para acceder a esta sección, só hai que clicar sobre a apartado “actualidade” presente no menú principal —a barra superior da web—, para despregar un  submenú que contén a sección “galerías”. 

Desde a delegación diocesana de Medios de Comunicación Social, agradecemos as achegas que axuden a optimizar o funcionamento da páxina web da diocese de Tui-Vigo. Se botas en falta algún evento na galería, se tes fotos que consideras poden ser de utilidade ou, simplemente, atopas puntos que poden ser mellorados, non dubides en poñerche en contacto connosco a través do seguinte correo electrónico: medios@diocesetuivigo.org.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp