13 de Abril de 2026,
San Hermenegildo

Representación de Venres Santo no Santuario da Franqueira

Representación de Venres Santo no Santuario da Franqueira

O vindeiro venres, Venres Santo, ás 19:30 horas, unha vez finalizados os Oficios da Paixón e Morte do Señor, no Santuario da Franqueira celebrarase unha representación na que participan un grupo de persoas das parroquias de A Franqueira, Prado de Canda e Lamosa.

Leva realizándose dende 2017 e cada ano o texto é distinto, invitando en cada edición aos espectadores a ter unha mirada diferente dos acontecementos que se desenvolveron en Xerusalén hai dous milenios.

O argumento deste ano xira ao redor do sepulcro do Señor. No xardín preto do Calvario onde sepultaron o corpo de Xesús, é o lugar de encontro dos diversos personaxes: O centurión romano, Nicodemo, María Magdalena, Simón de Cirene, a Verónica, Pedro, María de Nazaret a Nai de Xesús. Cada escena vai intercalada cun canto que interpreta un grupo de persoas que configuran un pequeno coro.

O sepulcro é testemuña, co cadáver de Xesús no seu interior, da transformación que vai xermolando no corazón dos que seguiron e queren permanecer na esperanza de que o profeta de Nazaret e a súa tarefa non ten rematado. Queda aberta a porta da esperanza.

Esta representación quere ser unha forma de reflexionar, meditar, orar a Paixón do Señor.