28 de Abril de 2025,
San Pedro Chanel

Representantes de diferentes confesións cristiás únense para rezar pola paz en Ucraína

Representantes de diferentes confesións cristiás únense para rezar pola paz en Ucraína
Foto: Cartel creado para difundir esta vigilia de oración por la paz en Ucrania.

O acto terá lugar no antigo templo parroquial de Santo Tomei de Freixeiro no que, actualmente, reúnese a comunidade de cristiáns ortodoxos de Vigo. 

Ás 19 horas de mañá, sábado 26 de febreiro, a diocese de Tui-Vigo participará na vixilia de oración pola paz en Ucraína que organiza a comunidade de cristiáns ortodoxos de Vigo, en colaboración coas delegacións católicas de  Migrantes e  Ecumenismo. Este encontro, levará a cabo no antigo templo parroquial de Santo Tomé de Freixeiro, ao que acode a comunidade ortodoxa —formada maioritariamente por persoas de orixe ucraína— para asistir ao culto de maneira periódica.

Ademais da comunidade ortodoxa e católica, á celebración sumaranse representantes doutras confesións cristiás que conviven na cidade de Vigo, co obxectivo de rezar pola unidade dos pobos e o fin da Guerra en Ucraína.

A través deste acto  ecuménico, a diocese de Tui-Vigo quere sumarse ao chamamento realizado polo papa Francisco o pasado mércores 23 de febreiro, tras a súa habitual audiencia xeral na Aula Pablo VI,: “a insensatez  diabólica da violencia respóndese coas armas de Deus, coa oración e co xaxún”. No comunicado publicado polos medios oficiais da Santa Sé, o Santo Pai convidou “a todos a facer do próximo 2 de marzo, Mércores de Cinza, unha Xornada de xaxún pola paz” e “a quen ten responsabilidades políticas a facer un serio exame de conciencia diante de Deus, que é Deus da paz e non da guerra; que é Pai de todos, non só dalgúns, que nos quere irmáns e non inimigos. Pido a todas as partes implicadas que se absteñan de toda acción que provoque aínda máis sufrimento ás poboacións, desestabilizando a convivencia entre as nacións e desacreditando o dereito internacional”.

O delegado de Migracións, Alberto Montes Rajoy, invítanos a participar nesta vixilia de oración pola paz —de maneira presencial ou desde as nosas casas—.