4/03/2021

,

San Casimiro

A confraría de Santiago Apóstolo celebra a festa da Translación

A confraría de Santiago Apóstolo celebra a festa da Translación

A confraría de Santiago Apóstolo celebra a festa da Translación dos restos de Santiago, ás 19:00 da tarde de mañá, mércores 30 de decembro, véspera da inauguración do Ano Santo Xacobeo coa apertura da Porta Santa na catedral compostelá. O acto comezará cun intre de meditación seguido dunha celebración  eucarística no templo parroquial de Santiago o Maior de Vigo.

A meditación baixo o título «O Camiño Cristián, unha peregrinaxe a Belén, a Santiago… á Santidade!», que comezará ás 19:00, impartiraa o  consiliario da confraría e párroco de Santiago de Vigo, Jose Antonio  Marzoa, e versará sobre a espiritualidade do Camiño. A continuación, ás 19:30, celebrarase a misa en honra ao apóstolo Santiago durante a cal se bendirán as medallas que se impoñerán aos tres novos confrades.

Todos os anos, a confraría de Santiago Apóstolo adoitaba acompañar esta celebración cun pequeno ágape co que fortalecer os vínculos de fraternidade e unión entre os 90 confrades que forman parte desta comunidade. Con todo, debido ás restricións estipuladas polas autoridades sanitarias con motivo da pandemia do covid-19, este acto festivo viuse cancelado.

Desde a organización, animan á participación de todas aquelas persoas —e non só aos confrades— que sintan devoción polo apóstolo Santiago tendo presente que, ante as restricións, a capacidade máxima do templo viuse reducida a 120 persoas.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on email
Email
Share on whatsapp
WhatsApp