No marco do 800 aniversario da dedicación da catedral de Tui, a vicaría de pastoral organiza un retiro diocesano de coresma, dirixido a sacerdotes, relixosos e laicos.
O retiro terá lugar o sábado 28 de febreiro a partir das 10 da mañá en Tui. Estructurarase en torno a tres igrexas: santo Domingo, san Francisco e santa María –Clarisas-; en cada unha de elas teremos unha breve reflexión, seguida dun tempo de silencio e oración.
O retiro comezará ás 10:00hrs. na igrexa de santo Domingo, continuará na igrexa de san Francisco e finalizará no convento das Irmáns Clarisas. A xornada finalizará coa celebración eucarística presidida polo bispo, ás 12,30 horas, na santa igrexa catedral.
Ao finalizar a Eucaristía teremos a posibilidade de comer xuntos. A comida será en El Cruceiro del Monte. O precio do menú é de 17€. O menú inclúe: caldo, tenreira asada ou xamón asado, postre e café. As persoas interesadas en quedar ao almorzo deben avisar antes do 18 de febreiro.
Favor de reservar praza para comer en:
vicariopastoral@diocesetuivigo.org
662 170 494
