O sábado, 28 de marzo, desde as 10.30 horas ás 17.00 horas, a Adoración Nocturna Española Tui-Vigo organiza un retiro espiritual na parroquia de San Bieito de Gondomar.
Durante a xornada haberá tempo para orar, para rezar o Via Crucis e para meditacións, que serán dirixidas por D. Víctor Bargiela. Tamén haberá tempo para compartir entre todos unha comida fraterna (22 euros). O retiro terminará ás 17.00 horas coa celebración da Eucaristía.
Para inscribirse ao retiro os interesados poden achegarse ao Consello, ou ben contactar con algún dos seguintes números de teléfono: ao 986 419 245 ou ao presidente, 609 21 57 91.
Desde o Santuario de San Bieito de Gondomar convidan a participar a todas as persoas da diocese de Tui-Vigo que queiran gozar dun espazo de silencio e reflexión, para crecer na relación persoal con Deus.