29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio
29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio

Retiro espiritual organizado pola Confraría de Santiago Apóstolo

Retiro espiritual organizado pola Confraría de Santiago Apóstolo

O sábado, 12 de novembro, desde as 10 ás 13:30 horas, a confraría de Santiago Apóstolo organiza un retiro espiritual no templo parroquial de Santiago o Maior de Vigo, para profundar no tema «Vida, dozura e esperanza nosa» que impartirá o sacerdote Javier Alonso Docampo, párroco da Franqueira e delegado de Acción Caritativa e Social da diocese de Tui-Vigo.

Durante a mañá, haberá tempo para o rezo do rosario, a oración persoal e tamén para a celebración da eucaristía que comezará ás 11:30 horas. Ao termo da misa, haberá exposición do sacramento eucarístico e tempo de adoración, previo á segunda meditación.

Desde a confraría de Santiago Apóstolo convidan a participar a todas as persoas da diocese de Tui-Vigo que queiran gozar dun espazo de silencio e reflexión, para crecer na relación persoal con Deus.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp