A Vigairía para o Clero anima aos sacerdotes para participar nos retiros mensuais a través da canle de Youtube de Mons. Juan Esquerda Bifet.
A pandemia do coronavirus trouxo consigo restricións sociais e de mobilidade que imposibilitan a realización dos retiros mensuais de sacerdotes en cada arciprestado. Ante esta situación, a Vigairía para o Clero buscou novas vías telemáticos para non interromper estas citas espirituais que marcan a axenda do clero diocesano poñendo ao seu dispor os vídeos de Mons. Juan Esquerda Bifet coas meditacións mensuais para este curso.
Estes materiais son creados cada ano por la Comisión Episcopal para o Clero e Seminario da Conferencia Episcopal Española publica e, ata o momento, están dispoñibles os retiros publicados desde outubro ata o mes de febreiro, aínda que a CEE continuará actualizando periodicamente as ligazóns.
Mons. Juan Esquerda Bifet foi ordenado sacerdote en Lérida (Cataluña) no ano mariano de 1954. É consultor da Congregación para o Clero desde 1977 e da Congregación para a Evangelización dos Pobos desde 2003. É director espiritual no Pontificio Colexio Urbano e Catedrático emérito de Misiología na Pontificia Universidade Urbaniana de Roma. É autor de numerosos libros sobre espiritualidade, sacerdocio, misión e Eucaristía.
A continuación, deixamos o retiro deste mes de febreiro que tamén estarán dispoñibles na canle de Youtube da Diocese de Tui-Vigo.