22 de Abril de 2024

,

Santos Sotero y Cayo
22 de Abril de 2024

,

Santos Sotero y Cayo

Reunión de ecónomos da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela

Reunión de ecónomos da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela
Foto: Ecónomos de las diócesis de Galicia durante la reunión, el 3 de octubre

O martes 3 de outubro, celebrouse no palacio arcebispal de Santiago de Compostela a reunión dos ecónomos diocesanos da provincia eclesiástica.

Tras recibir o saúdo do vicario xeneral, Andrés Fernández Farto, procedeuse ao estudo, entre outros, dun documento que recolle un manual de boas prácticas do párroco en materia económica, que pretende ser un compendio de todos os asuntos do ámbito económico que afectan a calquera párroco.

A continuación, analizáronse os diferentes aspectos que afectan á organización do «II Encontro de empresarios», que se pretende celebrar en abril do próximo ano e que está organizado pola provincia eclesiástica de Santiago.

En terceiro lugar, promoveuse a elaboración da memoria correspondente ao ano 2022 da provincia eclesiástica de Santiago que se pretende presentar por primeira vez, por parte dos bispos de Galicia, no mes de decembro deste ano.

Por último, abordáronse os diferentes aspectos organizativos do próximo encontro das comisións de sostemento e corresponsabilidade das diferentes dioceses da provincia eclesiástica que terá lugar o 21 de outubro no Seminario Maior de Santiago de Santiago.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp