9 de Decembro de 2024

,

San Juan Diego
9 de Decembro de 2024

,

San Juan Diego

Reunión do Consello diocesano de Laicos

Reunión do Consello diocesano de Laicos
FOTO.- El obispo, junto a los miembros del Consejo de Laicos que asistieron a la reunión | © Consejo diocesano de Laicos

O 28 de outubro, ás 20.00 horas, os locais parroquiais de San Xosé Obreiro e Santa Rita, en Vigo acolleron a primeira reunión do curso 2024-2025 do Consello diocesano de Laicos, que está conformado por representantes dos diferentes movementos e asociacións laicais presentes no territorio da diocese de Tui-Vigo. O bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, asistiu a este encontro, xunto ao consiliario do consello, o delegado episcopal de Apostolado Segrar, Juan José González.

Durante o tempo litúrxico do Advento, cada ano, o Consello de Laicos organiza un retiro espiritual para axudar aos fieis para prepararse para a levada do Nadal, que se traduce tamén nunha oportunidade para confraternizar e coñecer outras realidades eclesiais presentes na diocese. Nesta ocasión, este retiro de Advento levará a cabo no colexio San Xosé de Cluny, o sábado 30 de novembro.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp