16 de Xaneiro de 2025,
San Marcelo I

Reunión dos bispos da provincia eclesiástica de Santiago

Reunión dos bispos da provincia eclesiástica de Santiago
FOTO.- De izq. a drcha.: Mons. Fernando G. Cadiñanos, obispo de Mondoñedo-Ferrol; Mons. Alfonso Carrasco, obispo de Lugo; Mons. Francisco José Prieto, arzobispo de Santiago; Mons. Leonardo Lemos, obispo de Ourense; Mons. Antonio Valín, obispo de Tui-Vigo; y José Andrés F. Farto, secretario de la provincia | © Arzobispado de Santiago de Compostela

O sábado, 21 de decembro, no arcebispado compostelán, os bispos da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela —Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Ourense, Santiago e Tui-Vigo— mantiveron, como vén sendo habitual ao longo do ano, unha reunión para tratar asuntos de interese común para as dioceses galegas.

Ademais do arcebispo de Santiago, Mons. Francisco José Prieto, estiveron presentes o bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco Rouco; o bispo de Ourense, monseñor José Leonardo Lemos Montanet; o bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, mons. Fernando García Cadiñanos, e o de Tui-Vigo, monseñor Antonio José Valín Valdés; así como o secretario da provincia eclesiástica de Santiago, o sacerdote D. José Andrés Fernández Farto.