Como vén sendo habitual na véspera da Solemnidade do Apóstolo Santiago, os cinco bispos da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela reuníronse no arcebispado compostelán para tratar asuntos de interese para as dioceses galegas.
Ademais do arcebispo compostelán, monseñor Francisco José Prieto Fernández, estiveron presentes o bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco Rouco; o bispo de Ourense, monseñor José Leonardo Lemos Montanet; e o bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos, e o de Tui-Vigo, monseñor Antonio José Valín Valdés. Tamén asistiu o secretario da provincia eclesiástica de Santiago, o sacerdote D. José Andrés Fernández Farto.