17 de Marzo de 2026,
San Patricio

Reunión dos bispos da provincia eclesiástica de Santiago

Reunión dos bispos da provincia eclesiástica de Santiago
FOTO.- Los obispos de las diócesis gallegas en Poio

Onte, luns 22 de setembro de 2025, como vén sendo habitual ao comezo de curso, os bispos da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela reuníronse no mosteiro de San Xoán de Poio, para tratar asuntos de interese común para as dioceses galegas. Estiveron presentes: o bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco; o bispo de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos; o de Ourense, monseñor José Leonardo Lemos Montanet; o arcebispo compostelán, monseñor Francisco José Prieto Fernández; e o de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín Valdés.

A reunión mantida estes dous días coincide tamén coa Asemblea Xeral anual da CONFER Galicia que, nesta ocasión, celebra o cincuenta aniversario da súa fundación na comunidade autónoma. Esta mañá, os prelados celebraron a eucaristía na capela do mosteiro xunto aos relixiosos e relixiosas.