Como vén sendo habitual na véspera da solemnidade do apóstolo Santiago, hoxe, venres 24 de xullo, os bispos da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela reuníronse no arcebispado compostelán para tratar asuntos de interese común para as dioceses galegas.
Estiveron presentes: o arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto; o bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco; o bispo de Ourense, Mons. José Leonardo Lemos Montanet; o bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, Mons. Fernando García Cadiñanos e o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín Valdés. Tamén asistiu o secretario da provincia eclesiástica de Santiago, o sacerdote José Andrés Fernández Farto.