20 de Marzo de 2025,
San Martín de Braga

Reunión dos capeláns hospitalarios no Seminario Maior

Reunión dos capeláns hospitalarios no Seminario Maior
FOTO.- Capellanes hospitalarios junto al obispo de Tui-Vigo | © Delegación de Pastoral de la Salud

Coincidindo coa festividade da nosa Señora de Lourdes e co inicio da campaña do Enfermo, que a Igrexa en España celebra baixo o lema «En esperanza fomos salvados», o martes 11 de febreiro, os capeláns dos servizos relixiosos hospitalarios mantiveron unha reunión no Seminario Maior «San Xosé» en Vigo. Ao encontro tamén asistiu o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, para coñecer con maior profundidade o labor que se desenvolve neste ámbito da Pastoral da Saúde.

Os servizos relixiosos hospitalarios son un servizo «para vivos e non para mortos», tal e como explica Benito Rodríguez, delegado diocesano de Pastoral da Saúde. Por iso, ademais de ofrecer os sacramentos da Reconciliación, a Eucaristía e a Unción de enfermos, os capeláns están dispoñibles para o acompañamento espiritual e a escóita, non só dos pacientes ingresados, senón tamén dos familiares e demais persoas que os coidan.

Desde os servizos relixiosos hospitalarios, animan a propoñer este acompañamento a todos os enfermos e ás familias, có desexo de que se respecte o dereito á liberdade relixiosa tamén na última etapa da vida e, en caso de ser necesario, proporciónense os medios para a firma do testamento vital.