29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio
29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio

Reverendo don José Costas Costas, 38 anos párroco de San Paio de Navia

Reverendo don José Costas Costas, 38 anos párroco de San Paio de Navia
Foto: José Costas Costas.

O mércores 11 de maio faleceu na viguesa Residencia Sacerdotal  Nosa Señora dá Guía, o Reverendo don José Costas Costas, párroco que foi durante case 40 anos de  san Paio de Navia, parroquia na que nacera hai 96 anos. Don José como era coñecido pola súa freguesía á que sempre se manifestou moi próximo, ordenouse sacerdote en Tui hai 69 anos (1953) e foron as súas primeiras parroquias  san Cibrán de Ribarteme e Cerdeira; en 1955 encargóuselle da de  Padróns e en 1960 Nogueira e  Alxén ata que en 1968 chega como vigairo parroquial a  san Paio de Navia onde quedaría máis tarde como párroco ata agosto de 2006. Fora tamén elixido polos seus compañeiros  arcipreste de Vigo-San Andrés. A don José débese a construción en Navia do moderno templo en forma de tenda de campaña (1969) obra do arquitecto Antonio Román Conde.  En 2018 ingresou na Residencia para sacerdotes. En certa ocasión na que os fregueses lle fixeron unha homenaxe declarou á prensa: “o mellor que tiven na miña vida de cura foi sen dúbida o apoio que sempre tiven dos veciños. Cando cheguei a igrexa estaba moi mal e foi cando se comezou a construción do novo templo. Nel deixei a miña vida e os meus diñeiros. É do que máis orgulloso estou”.    

O xoves día 12 de maio ás 17 horas  terá lugar a celebración da  Misa  Exequial, na Parroquia de San Paio de Navia  e a continuación o enterro no Cemiterio Parroquial.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp