26 de Febreiro de 2024

,

San Alejandro
26 de Febreiro de 2024

,

San Alejandro

Romaría das Pascuillas no santuario da Franqueira

Romaría das Pascuillas no santuario da Franqueira

O sábado 20 de maio, ás 18 horas, a parroquia-santuario da nosa Señora da Franqueira comeza os actos organizados en honra á súa patroa para celebrar a romaría das Pascuillas, baixo o lema  «Coa Virxe María, peregrinos e irmáns». A partir deste día, haberá rezo do rosario e da novena, seguida da eucaristía: de luns a venres, ás 19 horas; os sábados, ás 18 horas: e, o domingo, ás 16.30 horas.

O luns 29 de maio, día da romaría das Pascuillas, a partir das 9 horas, realizarase a acollida das peregrinacións no Outeiro e celebraranse misas no santuario ás 9, 10 e 11 horas. Ás 12 horas, no Outeiro, dará comezo a misa solemne presidida polo bispo de Tui-Vigo, que contará coa participación do coro a parroquia de Santa María de Oroso , que, nesta ocasión, é a encargada de realizar a ofrenda á virxe. Ao finalizar a eucaristía, haberá procesión coas imaxes ata o atrio do santuario.

A partir das 15.30 horas do luns 29 de maio, despedirase ás imaxes que acudise ao santuario peregrinando e a misa de clausura, seguida do canto de sálvea, será ás 18.30 horas. 

Intencións da novena

Durante a novena, a parroquia da Franqueira poñerá especial atención en orar polos enfermos, pola paz, polas vocacións e por Cáritas. Así, os días 20 e 21 de maio, durante o rezo da novena, pedirase pola saúde dos enfermos, as súas familias e os traballadores da sanidade, así como polos axentes de pastoral da saúde, os anciáns e as residencias; o 24 de maio, pedirase pola paz no mundo; e, o 25 de maio, o foco poñerase nas vocacións.

 Coincidindo coa solemnidade de Pentecostes, o sábado 27 de maio, a parroquia-santuario da Franqueira uniranse en oración para recoñecer a presenza do Espírito Santo na vida de cada crente, tomando a María como modelo de acollida do Espírito. Finalmente, o domingo 28 de maio, estará dedicado á Caridade, cunha colecta destinada ao labor social desenvolvido por Cáritas.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp